CRTVG

Buscar

Un andazo de tuberculose xa controlado en Camariñas deixa 12 menores enfermos

Publicado o 08/05/2019 14:18

A enfermidade foi detectada en 12 menores de entre oito e dezaoito anos de idade, no colexio O Areal e no instituto Pedra da Aguia, en Camariñas.

Foi un primeiro caso o que deu a voz de alarma, a consecuencia do que o Sergas levou a cabo un estudo a máis de 400 persoas entre alumnos, profesores e persoal non docente en contacto directo cos menores. Outras persoas da localidade deron positivo por infección, pero non desenvolveron a tuberculose e, polo tanto, nin están enfermos nin poden trasmitila.

Os afectados continúan coas súas rutinas con total normalidade e recibirán tratamento durante seis meses. Dous deles permanecen hospitalizados.

Dende a Unidade de Medicina Preventiva do CHUAC sinalan que nos 12 casos, a tuberculose foi detectada en estadios moi iniciais e que non hai motivos para a alarma, xa que arestora a situación está totalmente controlada.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/05/2019