Un ancián de Valdoviño deféndese de tres asaltantes cunhas tesoiras
Publicado o 27/09/2019 14:18

A Garda Civil busca tres homes que nas últimas horas atacaron un octoxenario na localidade coruñesa de Valdoviño, concretamente, no lugar do Vilar de Lago. Sucedeu cando, supostamente, entraron na súa casa coa intención de roubar. Os tres ían encapuchados.
Ao parecer, a vítima, que vive soa, descubriunos e fíxolles fronte cunhas tesoiras. Os presuntos agresores responderon arrebolándolle unha mesa. O ancián sufriu diferentes lesións e requiriu asistencia sanitaria. A investigación está aberta.
Máis sobre actualidade
25/02/2021 22:09
25/02/2021 21:26