CRTVG

Buscar

Un ancián de 96 anos mata a bastonadas outro de 91 nunha residencia de Soria

Publicado o 11/01/2019 20:35

Non levaban máis de tres días compartindo cuarto nesta residencia do Burgo de Osma, en Soria. Por unha discusión da que aínda non se coñecen os detalles, o ancián de 96 anos detido pola Garda Civil, golpeou ata matar o outro home de 91 co que convivía. Os feitos producíronse na noite do xoves, pouco despois de cear. "Un deles, unha vez deitados, deulle unha bastonada na cabeza e saíu ao corredor pero non houbo ningún berro nin nada que fixera pensar que aí pasaba algo" "Sabendo que eran compañeiros de habitación pois probablemente, como sabedes, nestas idades sempre xurden roces ou algunha trifulca"

A Garda Civil recibiu a chamada sobre as 10 da noite, pero cando os axentes chegaron á residencia xa só puideron comprobar que se trataba dun homicidio consumado. Ao parecer, o detido agora xa en prisión, padece demencia senil.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/01/2019