Un alumno fere cunha arma branca unha profesora en Xirona
Publicado o 30/04/2021 08:06

Un alumno do instituto de Vidreres, en Xirona, feriu no pescozo unha profesora. Foi á primeira hora da tarde do xoves, o día en que o alumno, de 15 anos, volvía á clase despois dun tempo expulsado.
A profesora foi trasladada ao hospital cun corte superficial dun centímetro producido cunha arma branca. O agresor foi detido polos Mossos d´Esquadra para declarar na Fiscalía de Menores.