CRTVG

Buscar

Un alpinista galego recupera os corpos de dous compañeiros

Publicado o 09/03/2019 21:21

Completamos a páxina de sucesos coas imaxes dun rescate coprotagonizado por un galego: Felix Criado. Este alpinista forma parte do equipo de busca do montañeiro español Alex Txikon. Abandonaron temporalmente o seu intento de coroar o K2 en inverno para colaboraren no rescate dos cadáveres do italiano Daniele Nardi e o británico Tom Ballard no Nanga Parbat de Pakistán, desaparecidos desde o 24 de febreiro. Criado e Txikon xa volveron ao campo base para retomar o seu obxectivo.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/03/2019