Un turista alemán, na Gomera, primeiro afectado do coronavirus en España
Publicado o 01/02/2020 10:03
• Un galego, en corentena no navío no que traballa, en Vietnam
• Catorce días de illamento para os españois evacuados de Wuhan
Un alemán de viaxe turística na illa canaria da Gomera é o primeiro caso diagnosticado do coronavirus de Wuhan en España. O paciente forma parte do grupo de cinco alemáns illados desde o xoves no hospital da illa, logo de saberse que dous deles estiveran en contacto directo cunha persoa contaxiada en Alemaña. As autoridades sanitarias indicaron que o estado de saúde do afectado é bo e que de momento non está previsto trasladalo de centro hospitalario.