CRTVG

Buscar

Un adolescente apuñala os seus pais en Tenerife e tírase ao baleiro

Publicado o 29/08/2019 16:55
Un adolescente apuñala os seus pais en Tenerife e tírase ao baleiro

Un adolescente agrediu presuntamente os seus pais cun obxecto punzante para, posteriormente, tirarse ao baleiro na vivenda en que residían en Costa Adeje, na illa de Tenerife.

Os feitos sucederon durante a tarde deste mércores, cando o menor colleu un obxecto punzante, que "podería ser un coitelo", e agrediu os seus pais e, seguidamente, tirouse ao baleiro, segundo indicaron fontes da Policía Nacional.

Os tres membros da familia, que son cidadáns estranxeiros residentes en Tenerife, tiveron que ser atendidos e trasladados a un centro hospitalario, onde están recibindo asistencia médica, xa que a agresión "foi grave".

Actualmente, o menor non está detido formalmente, senón que se atopa baixo custodia policial no hospital onde está sendo atendido polas feridas ocasionadas pola caída e onde, ademais, se valorará o seu estado mental.

Noticias web

29/08/2019