CRTVG

Buscar

Un condutor provoca un accidente con dous feridos en Ribadumia e foxe

Publicado o 12/01/2018 16:06
Un condutor provoca un accidente con dous feridos en Ribadumia e foxe

Un adiantamento indebido provocou está mañá un aparatoso accidente na vía rápida que comunica Cambados con Ribadumia, en que se viron implicados tres vehículos, un dos cales fuxiu, e dúas persoas quedaron feridas.

Segundo o servizo de urxencias, a causa foi un adiantamento indebido dun dos turismos, un  Mazda, que circulaba en sentido a Pontevedra e invadiu o carril contrario para adiantar a unha furgoneta. O vehículo que viña de fronte, polo carril en dirección a Cambados, tivo que saír da estrada para evitar o impacto, pero na manobra acabou chocando coa furgoneta.

O condutor do coche que presuntamente causou o accidente realizando o adiantamento fuxiu. Os ocupantes dos outros dous vehículos implicados quedaron feridos. Os dous feridos, un veciño de Cambados de iniciais  B. P. V, de 55 anos, e o outro veciño de Marín, S.V. L, de 38 anos, foron trasladados ao Hospital do Salnés con rabuñaduras e dores cervicais. Ata o punto trasladáronse dotacións da Garda Civil de Tráfico, do 061 e das agrupacións de Protección Civil de Ribadumia e Cambados.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/01/2018