CRTVG

Buscar

Un acusado de intentar matar un home no Pino: "Eu ese día non estaba alí"

Publicado o 12/03/2020 15:59
Un acusado de intentar matar un home no Pino: "Eu ese día non estaba alí"

A Fiscalía da Coruña pide dez anos de cadea para un home acusado de intentar matar outro en marzo de 2018, no Pino.

A vítima contou que. apuntándoo cunha escopeta, o obrigou a entrar na casa, pero que logrou pechar a porta deixando o investigado fóra. Intres despois, disparoulle desde o exterior feríndoo nas costas, na caluga e nunha orella.

O procesado dixo que non foi o autor dos feitos e a súa defensa pide a libre absolución.

Noticias web

12/03/2020