CRTVG

Buscar

Un acordo extraxudicial evita un novo xuízo ao mozo que agredira a Rajoy

Publicado o 25/06/2019 17:24

Un acordo extraxudicial evitou o xuízo que esta mañá ía sentar no banco dos acusados o mozo que en 2015 agrediu en Pontevedra o daquela presidente do Goberno Mariano Rajoy. Desta volta, estaba acusado de agredir un dirixente de Vox durante a campaña electoral.

O mozo chegaba ao xulgado sen facer declaracións. Dentro estaba xa Juan Manuel Rosales, o dirixente de Vox que o denunciara hai tres meses por unha agresión.

"O momento foi moi triste. Despois de pasar case catro meses dáme pena que me esteades preguntando isto. Era unha mañá tranquila. Era a nosa primiera mesa informativa e a alegría do momento".

Así recordaba o sucedido o dirixente de Vox, mentres repartía propaganda electoral do seu partido. Segundo a denuncia que presentou daquela en comisaría, o acusado deulle patadas e puñadas nunha agresión que facía pública nas redes sociais.

Hoxe, as partes chegaron a un acordo económico extraxudicial, de non máis de 400 euros, que evitou o xuízo por lesións leves. Non houbo condena para Andrés, que xa cumpriu unha pena de dous anos de internamento pola agresión ao ex-presidente do Goberno, Mariano Rajoy, en decembro de 2015 en Pontevedra.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/06/2019