CRTVG

Buscar

Un accidente na A-55 causa retencións importantes en Mos

Publicado o 20/03/2019 16:38

Aparatoso accidente esta mañá na autovía A-55, á altura do concello pontevedrés de Mos.

No sinistro, que tivo lugar pouco antes das 9, víronse implicados un total de 6 vehículos, que circulaban en dirección a Vigo. Foi unha colisión por alcance na que resultou ferida unha persoa, que tivo que ser trasladada por unha ambulancia do 061 ao hospital Álvaro Cunqueiro.

Como consecuencia do sinistro, a Garda Civil cortou os dous carrís de circulación e desviou o tráfico por unha vía alternativa. O accidente provocou unha retención de máis de 4 quilómetros na A-55.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/03/2019