CRTVG

Buscar

Un accidente entre un autobús e un camión cargado con porcos deixa seis feridos leves

Publicado o 19/08/2019 17:23

Aparatoso accidente esta mañá nunha autovía de Palencia. Un autobús con sete pasaxeiros a bordo e un camión cargado de porcos chocaron pasadas as nove e cuarto da mañá, o que provocou que o vehículo pesado envorcara e que os animais que sobreviviron quedaran soltos pola calzada, que tivo que ser cortada. Houbo seis persoas feridas leves, entre elas os dous condutores.
 

Noticias web

19/08/2019