CRTVG

Buscar

Un accidente en Sober deixa tres feridos e retencións quilométricas

Publicado o 09/07/2019 19:32
Un accidente en Sober deixa tres feridos e retencións quilométricas

Non houbo que lamentar ningunha morte pero a condutora dun turismo que colidiu frontalmente cunha furgoneta tivo que ser excarcerada e evacuada en helicóptero. A Nacional 120 permaneceu cortada máis dunha hora e media esta tarde por mor dun grave accidente de circulación que provocou colas quilométricas. 

O estado en que quedou o vehículo que conducía a ferida máis grave da boa mostra do impacto que sufriu. A muller non puido evitar o impacto frontal dunha furgoneta de reparto farmacéutico.

Ata o lugar desprazárone os servizos de emerxencias e efectivos dos bombeiros de Monforte. O condutor da furgoneta e o ocupante do turismo sufriron só feridas leves e foron atendidos no hospital de Monforte. A condutora tivo que ser excarcerada e evacuada por un helicóptero medicalizado ao hospital Lucus Augusti de Lugo.

O accidente provocou o corte da Nacional 120 durante máis dunha hora e media e atascos quilométricos en ámbolos dous sentidos da circulación.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí