CRTVG

Buscar

Un accidente de tráfico no norte de Italia deixa seis mortos, cinco deles membros da mesma familia

Publicado o 03/01/2018 15:20

E no norte de Italia morreron seis persoas, entre elas dous nenos, tras un brutal accidente de tráfico. Todo indica que o sinistro se produciu nun atasco, cando un camión lle bateu por detrás a un turismo que foi contra outro camión cargado de gasolina que tiña diante e que se incendiou. Os mortos son o condutor do camión e cinco membros dunha mesma familia que viaxaban no turismo con matrícula francesa. 

Noticias web

03/01/2018