CRTVG

Buscar

Un accidente de tráfico en Melide deixa cinco feridos

Publicado o 09/08/2019 13:03

Un accidente de tráfico ocorrido esta mañá na estrada Nacional 547 ao seu paso por Melide deixa cinco persoas feridas, unha delas en estado grave.

O sinistro produciuse pola colisión frontal de dous vehículos, á altura do polígono industrial desta localidade. Os servizos de urxencia foron alertados contra as 11:20, e ata o lugar desprazáronse varias unidades do 061 e dos bombeiros da vila. Tamén foi precisa a intervención dun helicóptero para evacuar ao ferido máis grave.

O accidente produciu importantes retencións nesta estrada que comunica Santiago con Lugo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí