CRTVG

Buscar

Un abrocho de orixe familiar que afecta 5 persoas, o sexto na área sanitaria de Vigo

Publicado o 01/08/2020 19:34

Rexístrase o sexto brote na área sanitaria de Vigo. O foco, de orixe familiar, afecta a cinco persoas, segundo informaron fontes do Sergas. Os contaxios puideron producirse nunha reunión de varios membros dunha mesma familia para celebrar uns aniversarios. Os datos deste novo gromo en Vigo veranse reflectidos na actualización de casos activos deste domingo.