CRTVG

Buscar

Un 98% de votantes no plebiscito opositor rexeita a constituínte de Maduro

Publicado o 17/07/2017 07:09

A xornada de votación quedou empañada por un tiroteo no oeste de Caracas. Un grupo de paramilitares mataron dúas persoas e deixaron 4 feridos graves

En Venezuela, máis dun 98% dos votantes rexeita a formación da asemblea constituínte que propón o presidente Maduro. A oposición asegura que no seu plebiscito votaron máis de sete millóns de persoas. O reconto está aínda no 95%. É posible que, cando remate, o número de votos alcance ou supere os apoios obtidos por Maduro en 2013. A xornada acaba cunha alta participación e cun tiroteo nun punto de votación. Morreron dúas persoas e hai polo menos catro feridos graves.

Non hai datos oficiais de participación, porque a consulta non está recoñecida polo Goberno nin polo poder electoral. Pero vimos ringleiras nos máis de 2.300 puntos de votación establecidos pola oposición. A oposición asegura que neste plebiscito votaron máis de sete millóns de persoas e que máis dun 98% rexeitaron a formación da Asemblea Nacional coa que Maduro quere mudar a Constitución.

O líder opositor, Leopoldo López, votou dende a casa, por estar baixo arresto domiciliario. No proceso preguntábase aos venezolanos se rexeitan a asemblea constituínte proposta por Maduro, se piden ás forzas armadas que defendan a constitución vixente e se queren novas eleccións. A xornada de votación quedou empañada por un tiroteo no oeste de Caracas. Un grupo de paramilitares mataron dúas persoas e deixaron 4 feridos graves.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/07/2017