CRTVG

Buscar

Un 83,3% dos veciños de Beade acudiron ao cribado para frear a transmisión do virus no concello

Publicado o 26/03/2021 22:18

O 83,3 % dos veciños de Beade citados acudiron ao cribado para desbotar asintomáticos e frear a trnasmisión do virus.

Os veciños e as veciñas din que están tranquilos porque os sete casos positivos no municipio están localizados.

Desde hoxe non se pode entrar e saír de Beade sen causa xustificada, a hostalería está pechada e as xuntanzas só poden ser entre os conviventes

Ás portas da Semana Santa asumen as restricción máximas con resignación e responsabilidade.

Os concellos ourensáns de Maside e Beade son hoxe os dous únicos en restricións máximas, o luns só quedará Beade pechado en toda Galicia.

Noticias web

26/03/2021