CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía FDS

Un 60% dos centros de ensino de Galicia fomentan a lectura, mediante os clubs

Publicado o 17/06/2017 15:02
Os Clubs de Lectura celebran a súa décima xornada de convivencia no Palacio de Congresos de Santiago. Mil douscentos participantes, achegados de toda Galicia, gozaron hoxe de diversos obradoiros, cos que se pretende que a mocidade siga lendo e lendo máis.
Artistas, músicos, escritores e sobre todo rapaces, todos eles xuntos en Compostela para fomentar que a xuventude se enganche, cada vez máis, aos libros.

Cúmprense dez anos dende a primeira xornada de convivencia dos Clubs de lectura, unha fórmula xurdida para fomentar o consumo de literatura entre os máis novos, e que xa abrangue un 60% dos centros de ensino secundario de Galicia. O debuxante Miguel Anxo Prado, premiado deste ano, destaca a importancia da conexión cos lectores e de chegar a cantos máis mellor.

Dende dobraxe, poesía, rap e ata grafiti, diversos obradoiros encheron o Palacio de Congresos de Santiago, nunha xornada que xuntou a 1.200 persoas.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí