CRTVG

Buscar

Un 35 % dos menores de 30 anos remataron 2020 sen ningún ingreso

Publicado o 27/04/2021 08:41
Un 35 % dos menores de 30 anos remataron 2020 sen ningún ingreso

O Banco de España alerta da difícil situación laboral dos mozos. Un 35 % dos menores de 30 anos non teñen ingresos. É unha cifra que aumentou cinco puntos dende o inicio da pandemia. O supervisor alerta de que esta crise empeorou unha situación que xa era preocupante para este colectivo polo elevado prezo da vivenda e a alta temporalidade dos contratos. Ademais, os mozos foron os que menos se beneficiaron dos ERTE durante estes meses.

Noticias web

27/04/2021