CRTVG

Buscar

Zigzag Diario

Un 26 de marzo de 1827 morría Beethoven

Publicado o 26/03/2018 17:17
A esta hora, entre as catro e as cinco da tarde dun 26 de marzo de 1827. morría Ludwing Van Beethoven.

Un fallo multiorgánico producido por unha intoxicación hepática acababa coa súa vida. As últimas investigacións, coa análise dun dos seus cabelos, falan de que o provocou a inxestión continuada de auga con exceso de chumbo.

Deixaba unha obra inxente que superou o clasicismo, instaurou o romanticismo e chegou coas súas harmonías visionarias a petar nas portas da música do século XX, cen anos antes.

A súa derradeira obra foi o cuarteto 135, en concreto, este tempo lento assai, cantante e tranquilo. Escribiuno cinco meses antes de morir dunha enfermidade que quixo que fose investigada para evitar que outros sufrisen o seu padecemento.
Ao seu funeral asistiron milleros de persoas.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Zigzag Diario

26/03/2018