CRTVG

Buscar

Un 20% do total dos turistas que visitan o territorio nacional está interesado na cultura do viño

Publicado o 12/09/2018 15:25

Un vinte por cento do total dos turistas que visitan o territorio nacional cada ano está interesado na cultura do viño. Para incrementar o atractivo deste tipo de turismo nace este proxecto que mestura visitas ás adegas coa posta en valor da paisaxe e a cultura da zona.

Galicia foi o lugar elixido para a presentación que tivo lugar durante unha travesía ata as illas Cíes. As tres adegas galegas que participan no proxecto, Terras Gauda, Mar de Frades e Vionta ofreceron unha degustación dos seus viños a bordo.

O proxecto en que participan nove adegas de toda España,  pretende situar o noso país nun referente internacional de enoturismo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/09/2018