CRTVG

Buscar

Pasa a disposición xudicial o home que agrediu a ex-parella en Pontevedra

Publicado o 04/12/2019 11:42

A primeira hora desta mañá pasaba a disposición xudicial en Pontevedra o home que presuntamente lle asestou á súa ex-muller varias coiteladas, no seu domicilio do barrio de Monte Porreiro. Ten 34 anos e está acusado de tentativa de homicidio. No pasado tivera unha orde de afastamento da vítima que foi retirada no ano 2012. Na actualidade a muller non contaba con medidas de protección.

Era usuaria do departamento de Servizos Sociais do concello de Pontevedra. Alí, como medida preventiva ante unha posible agresión, aconselláranlle acudir ao Centro de Información da Muller, pero non se presentou á entrevista acordada. Supostamente, o acoitelamento produciuse na casa da vítima, onde o detido acudiu para estar cos dous fillos pequenos que teñen en común que, no momento dos feitos, estaban na casa. A muller puido pedir auxilio aos veciños que viron fuxir o presunto agresor.

A vítima recupérase favorablemente das feridas e agárdase que ao longo do día poida ser dada de alta no Hospital de Montecelo. Os menores están a cargo de familiares próximos e o Concello de Ponteveda puxo á súa disposición asesoramento psicolóxico, dende o departamento de Servizos Sociais traballan de xeito coordinado co Servizo de Protección de Menores da Xunta.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/12/2019