Último día de Fairway, o maior escaparate do Camiño de Santiago
Publicado o 12/02/2019 16:46
Todo o que pode precisar un peregrino está en Fairway, o maior escaparate do Camiño de Santiago. Albergues, transporte, comida... axencias chegadas dos cinco continentes escoitan con atención as ofertas das empresas locais, que aproveitan a feira para pechar contratos.
Tamén hai emprendedores que se achegan na busca de investidores. Patinetes e drons peregrinos ou unha radio especializada no Camiño espertaron especial interese.
Fairway é negocio, ocio e tamén reflexión. No congreso apostaron por manter un crecemento sostible da ruta, cunha oferta de calidade que evite a masificación e conserve a autenticidade do Camiño.