CRTVG

Buscar

Ultimato en Barreiros: ou rematan as obras en catro meses ou serán demolidas

Publicado o 12/04/2019 19:34

Loita do Concello de Barreiros contra o feísmo urbanístico. O alcalde lánzalles un ultimato aos donos dos edificios sen rematar. Ou finalizan as obras antes de catro meses, ou comezarán cos trámites para demolelos.

Tras saír absolto dun longo proceso xudicial por presunta prevaricación urbanística, o alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente, ponse mans á obra para acabar con imaxes coma estas. Os tribunais obrigaron a paralizar as obras durante máis dunha década, pero agora, con todo resolto, dálles un ultimato aos propietarios.

Alfonso Fuente, alcalde de Barreiros: "Requirilos e darlles un prazo de catro meses para que contesten se van demolelo e devolver o terreo ao seu estado ou continuar as obras. Se non contestan, seguen os trámites e anúlase a licenza e reponse o terreo ao seu estado natural. Ou ben o fai o propietario ou o Concello de forma subsidiaria".

O obxectivo é loitar contra o feísmo urbanístico e protexer a paisaxe dunha vila moi marcada polo turismo. Alfonso Fuente, alcalde de Barreiros: "Eliminar ese feísmo, eses edificios inacabados e tamén a maleza que hai e xera problemas na veciñanza".

A maior parte da ducia de edificios inacabados pertence a entidades financeiras. Cando rematen os trámites con elas, farán o mesmo coas vivendas unifamiliares inacabadas que hai na vila.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/04/2019