CRTVG

Buscar

Ultimato do Concello de Ourense aos 'okupas' da praza de abastos

Publicado o 10/07/2020 14:44

O Concello de Ourense dá oito días de prazo aos okupas dos postos exteriores da praza de abastos para que marchen.

A reforma do mercado da cidade está paralizada xa que as persoas que viven en tres das casetas se negan a abandonalas.

Se non cumpren o ultimato do grupo de Goberno local solicitarán unha autorización ao xulgado para desaloxalas e poder continuar coas obras de mellora da praza de abastos.

As persoas que viven aquí solicitan ao Concello unha alternativa porque, din, carecen de vivenda.

Noticias web

10/07/2020