CRTVG

Buscar

Ultiman os preparativos no Teatro Real de Madrid para o sorteo extraordinario de Nadal

Publicado o 21/12/2019 14:58

Axustan o bombo dos números e o dos premios. Preparan as cámaras e os equipos para facer a retransmisión en directo. Tamén hai que facer a inspección pública das bolas antes da tarde, porque o salón vai quedar precintado.

Será o domingo, ás 8.00 da mañá, cando volvan abrir as portas do Teatro Real para que entre o público ata completar a capacidade. Media hora despois, constituirase a xunta que presidirá o sorteo. Os bombos comezarán a repartir cartos a partir das 9.00 da mañá e durante unha tres horas e media.

Este ano repartiranse 2.380 millóns de euros en premios. As persoas agraciadas co Gordo recibirán 400.000 euros ao décimo. E, coma sempre, os nenos e nenas de San Ildefonso encargaranse, coa súa música, de lembrarnos que chegou o 22 de decembro.

Noticias web

21/12/2019