CRTVG

Buscar

Ultiman o protocolo de seguridade para o transporte escolar compartido

Publicado o 27/08/2020 15:00

O bus compartido naceu co obxectivo de mellorar a mobilidade sobre todo nas áreas rurais. A idea é que os veciños aproveiten as liñas de transporte escolar para desprazarse, así que nestes autobuses comparten traxecto cos alumnos.

Este curso haberá que facer cambios para minimizar o contacto entre os dous grupos de pasaxeiros. 

O protocolo en que traballa a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade inclúe todas as medidas de prevención xa establecidas para o transporte público, como o uso da máscara, do xel hidroalcólico ou a desinfección entre un e outro traxecto. Ademais, os escolares e o resto de usuarios van ocupar espazos diferenciados.

Segundo explica a conselleira, Ethel Vázquez, uns irán na parte traseira e outros na dianteira. Cada grupo entrará e sairá pola porta que lle corresponda, e tamén haberá quendas de acceso, así que os alumnos son os primeiros en subir e baixar do autobús.

A consellería e o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral ultiman os detalles deste protocolo de seguridade. A previsión é presentalo a patronais e sindicatos do transporte nos próximos días.

 

Noticias web

27/08/2020