CRTVG

Buscar

Ultiman a contratación da derruba dun edificio de 38 vivendas en Sada

Publicado o 09/09/2021 15:06
Ultiman a contratación da derruba dun edificio de 38 vivendas en Sada

Un edificio de 38 vivendas da localidade coruñesa de Sada podería ter os días contados. Nas últimas horas o Concello celebrou a mesa de contratación para adxudicar as obras de demolición do inmoble, con licenza anulada por sentenza firme e acordou darlle tres días a unha das oito empresas aspirantes para amañar a documentación antes de adxudicar o contrato. Pola súa banda, a comunidade de propietarios intenta legalizar o edificio contra o reloxo a través dun plan especial de reforma interior que arrancou a súa tramitación hai dous anos e aínda non se resolveu.

Noticias web

09/09/2021