CRTVG

Buscar

Ultiman a autorización da segunda vacina nos EUA

Publicado o 18/12/2020 09:23

Nos Estados Unidos, os expertos dan luz verde á comercialización dunha segunda vacina.

É a da farmacéutica Moderna, despois de que a semana pasada autorizaran a de Pfizer.

Logo de case oito horas de debate, o comité asesor da FDA recomendou a autorización de emerxencia do preparado anticoronavirus de Moderna con 20 votos a favor e unha abstención.

É probable que hoxe mesmo a axencia competente en vacinas, FDA, autorice o fármaco.

Sobre a vacina de Moderna, a Axencia Europea do Medicamento, EMA, adiantou do 12 ao 6 de xaneiro a reunión de expertos que avaliarán a solicitude para comercializala na Unión Europea. Isto sucede porque a farmacéutica remitiu antes do previsto todos os datos que precisan os especialistas da EMA.

Noticias web

18/12/2020