CRTVG

Buscar

Ucraína reforza a seguridade dos evacuados de Wuhan polo coronavirus

Publicado o 21/02/2020 13:08

As autoridades ucraínas anunciaron o reforzamento das medidas de seguridade dos 72 evacuados da cidade chinesa de Wuhan, despois dos disturbios rexistrados esta noite diante do hospital da rexión de Poltava, no centro do país, para cumprir a corentena.

Nos enfrontamentos entre manifestantes e policía quedaron feridas 10 persoas e hai unha ducia de detidos. Trescentos membros da Garda Nacional de Ucraína encargaranse de garantir a seguridade das 72 persoas de 7 nacionalidades distintas evacuadas da cidade chinesa de Wuhan, epicentro do brote do coronavirus.

O primeiro ministro ucraíno anunciou o reforzamento do continxente despois dos enfrontamentos rexistrados esta noite durante o traslado dos repatriados ao hospital militar da rexión de Poltava, onde deberán permanecer 14 días en corentena.

Nos enfrontamentos dez persoas quedaron feridas, a maioría axentes da policía, e outras dez foron detidas.

A chegada dos evacuados de Wuhan provocou entre a poboación ucraína o temor a que o virus se estenda polo país, onde aínda non se rexistrou ningún caso.

Todos os controis médicos efectuados aos evacuados deron negativo ao COVID-19, o virus que causou máis de 2.200 mortes na China.

Noticias web

21/02/2020