CRTVG

Buscar

Londres non lle renova a licenza á plataforma Uber

Publicado o 26/11/2019 08:33

A autoridade do sistema de transportes de Londres non lle renovará a licenza como operador privado á plataforma Uber ao detectar varias infraccións que comprometen a seguridade dos pasaxeiros.

A licenza da empresa privada de transporte expira esta próxima medianoite, aínda que os vehículos poderán seguir traballando na capital británica ata que se resolva a apelación a esta decisión.

Uber ten 45.000 condutores con licenza traballando en Londres e dá servizo a tres millóns e medio de pasaxeiros cada ano.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

26/11/2019