CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

U2 improvisa unha actuación no metro de Berlín

Publicado o 07/12/2017 15:30
Cada vez é máis habitual que os grandes artistas improvisen actuacións en lugares públicos, pero non por iso deixa de sorprender os que se atopan co espectáculo 'in situ'.

Sucedeu desta volta no metro de Berlín onde Bono e The Edge, os dous compoñentes máis coñecidos do grupo irlandés U2, ofreceron un pequeno concerto acústico para promover o seu último traballo. Como era de agardar, a plataforma encheuse inmediatamente de curiosos que inmortalizaron o momento cos seus dispositivos móbiles.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí