Tyson Pérez xogará en Andorra na ACB
Publicado o 06/08/2019 16:51
Dous anos brillantes no Canoe, na LEB Ouro, e agora dá o salto á ACB. Tyson Pérez xogará tres anos no Morabanc Andorra.
Baloncestista serodio, non esquece Tyson que foi no Santo Domingo de Betanzos no que se fixo xogador durante catro anos de intensa formación.
Ala pivote veloz, polivalente e saltador, Tyson garante, sobre todo, espéctaculo. En Andorra ten este dominicano, galego de crianza, sadense e betanceiro de adopción, a oportunidade da súa vida.