CRTVG

Buscar

Txapote négase a declarar sobre o asasinato dun funcionario de prisións no ano 2000

Publicado o 23/09/2019 15:26

O ex-xefe do aparato militar da ETA Javier García Gaztelu, alias Txapote, negouse a declarar hoxe sobre o asasinato dun funcionario de prisións no ano 2000.

El e outros tres etarras enfróntanse a unha pena de 40 anos de cárcere solicitada pola fiscalía. O asasinato do funcionario do cárcere de Nanclares de Oca Máximo Casado foi perpetrado con bomba lapa en Vitoria.

Noticias web

23/09/2019