CRTVG

Buscar

Twitter e Facebook pechan 359 contas atribuídas ao PP por 'spam' político

Publicado o 20/09/2019 17:12
Twitter e Facebook pechan 359 contas atribuídas ao PP por 'spam' político


Twitter e Facebook suspenderon un total de 359 contas atribuídas ao PP dedicadas a potenciar a opinión pública artificialmente nas semanas anteriores á convocatoria electoral do 28-A e a aumentar a interacción mediante "comportamentos de spam", segundo informaron ambas redes.

Twitter comunicou na nova actualización do seu informe de transparencia o peche dunha rede de 259 contas "operada" polo PP que estivo activa "durante un período relativamente curto de tempo", concretamente durante os meses de febreiro e marzo de 2019.

Todas elas creáronse neste período de dous meses, e segundo as conclusións da rede social, presentaban un "comportamento de spam" e dedicábanse a rechouchiar outras mensaxes e a outras contas "para aumentar a interacción" de "maneira artificial".

Ante esta revelación, o PP informou a Efe que "nunca creou contas falsas" e que esta operación podería responder ao que "poidan facer os usuarios da rede que, baixo a súa responsabilidade, interactúan coas contas" do partido.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí