Twitter alucina coa versión en galego de Doraemon
Publicado o 07/11/2019 14:05
'Doraemon' forma parte da infancia de toda unha xeración de galegos que medrou co Xabarín Club. Escoitar as súas cancións non pode producir máis que nostalxia, pero para os que viron esta serie de debuxos animados en castelán en lugar de en galego está a ser todo un descubrimento a versión no noso idioma.
Os usuarios de Twitter alucinaron coa canción da intro despois de que unha madrileña a compartira. Case 3.000 rechouchíos e todo un fío con respostas é o que conseguiu a súa publicación.
Acabo de descubrir la intro de Doraemon en gallego y JODER QUE PUTO TEMAZO. pic.twitter.com/ZHY8E5jMaT
—LaLa(@LalaChus3) October 27, 2019
Mañá a conta de Twitter da TVG (@TVGalicia) desvelará no #Xabafío a orixe desta cabeceira.