Twitter silencia a Trump ante o risco de "incitación á violencia"
Publicado o 09/01/2021 18:32
A rede social Twitter suspendeu permanentemente a conta de Trump para evitar "unha maior incitación á violencia". O presidente dos Estados Unidos perde así o seu altofalante favorito durante o seu mandato @realDonaldTrump despois de que os seus seguidores entraran pola forza e con violencia no Capitolio o mércores.
Horas despois da acción da rede social, a conta oficial do Goberno cargou contra a compañía asegurando que non permitía a liberdade de expresión. Minutos despois borráronse os chíos.