CRTVG

Buscar

A Televisión de Galicia, líder en Galicia, segundo o Estudo Xeral de Medios

Publicado o 13/04/2021 11:33

A TVG lidera as audiencias en Galicia tanto de luns a domingo coma de luns a venres e tanto na última onda coma no último ano móbil do EXM. Na última onda, lidera as audiencias en Galicia cunha cota do 18,3 % de luns a domingo e cun 19,2 % de luns a venres.

No ano móbil lidera as audiencias tamén en Galicia cun 16,4 % de luns a domingo e un 16,9 % de luns a venres. No ámbito autonómico, a TVG consegue de novo liderado tanto na última onda coma no último ano móbil. Por días da semana nesta última onda cómpre salientar as audiencias dos martes (20,9 %), mércores (21,9 %) e venres (23,4 %). Destaca especialmente a fortaleza da canle na faixa da sobremesa (13:30 a 17:00), na que media unha cota do 32,9 %, 20,4 puntos por riba da cota do seguinte competidor (Antena 3 cun 12,5 %).

Na faixa da mañá (8:00–13:00) tamén lidera as audiencias, cun valor de 20,4 %. O liderado na faixa informativa do medio día e matinal reflicte a fortaleza informativa da TVG. De luns a domingo e analizando a cota de pantalla en comparación co período anterior, 3.ª onda 2020, o incremento é do 26,2 %.

De luns a venres e analizando a cota de pantalla en comparación co período anterior, 3ª onda 2020, o incremento é do 28,9 %. O dato do EXM do 18,3 % é moi superior ao dato de audimetría; para o mesmo período, este media un 10,1 %.