CRTVG

Buscar

Bos días

TVG estrea hoxe a serie 'O final do Camiño'

Publicado o 11/01/2017 09:55


Esta noite na Televisión de Galicia estreamos a serie 'O final do Camiño'. Unha historia ambientada nos últimos anos da construción da catedral de Santiago.
A través da vida de tres irmáns coñeceremos personaxes históricos como o bispo Peláez ou a raíña dona Urraca.

Paixón, aventura, loitas de poder, historia... e historia da nosa. A dos últimos anos da construción da catedral de Santiago. Con estes fíos técese unha serie que hoxe estrea a Televisión de Galicia.
Personaxes reais e ficticios conviven nesta produción ambientada na Compostela da Idade Media e protagonizada por actores de renome.
Mentres comezan a levantarse os primeiros muros da catedral, os reis cristiáns viven inmersos en cruentas loitas internas. Coñeceremos as súas historias a través da vida de tres irmáns. Un soldado, un canteiro e un que, secuestrado de neno, defenderá a capa e espada os intereses musulmáns. E todo mentres se poñen as bases do camiño que construíu Europa, o Camiño de Santiago.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Bos días

11/01/2017