TVG emite este domingo o derradeiro capítulo da serie Serramoura
Esta noite chega o derradeiro capítulo de Serramoura, que poderemos ver nun especial con todos os actores da serie. Este thriller rural comezaba hai seis anos e depois de 173 capítulos forma parte xa da historia desta canle. Moi atentos esta noite a Adeus, Serramoura.
Foi no ano 2014 cando todos comezamos a coñecer o que pasaba en Serramoura. Desde entón pasaron 6 anos e 172 capítulos que máis dun 60 por cento dos galegos viron nalgún momento. Esta noite chega o capítulo final e hai que despedir Serramoura como merece.
Un bombazo? Seguro que os convidados a esta quedada tamén esperan algunha sorpresa. Ninguén quere perder esta noite o adeus de Serramoura, unha serie que xa é historia da Televisión de Galicia.
Moitos talentos, non, moitísimos. Ata 209 actores pasaron nalgún momento por Serramoura, a vila con máis cadáveres ca piñeiros, a serie que esta noite chega ao seu final e que non podemos perder, na Televisión de Galicia.