CRTVG

Buscar

Turquía decreta un toque de queda de 48 horas

Publicado o 12/04/2020 14:21


Son imaxes a vista de paxaro dunha Istambul, a enorme capital turca, baleira na primeira xornada das 48 horas do toque de queda imposto polo goberno en gran parte do país para evitar a propagación do coronavirus. A prohibición en vigor ata a medianoite de hoxe en 31 das 81 provincias que suman case o 80 por cento da poboación, inclúe as grandes cidades como Istambul, Ancara ou Esmirna.

Só poden abrir servizos como farmacias, panadarías ou servizos esenciais. Desde mediados de marzo xa hai toque de queda para os maiores de 65 anos e desde hai unha semana para os menores de 20, mentres que ao resto da poboación pediúselle que saia ás rúas o menos posible. Turquía superou esta fin de semana os mil mortos.


 

Noticias web

12/04/2020