CRTVG

Buscar

Turistas e veciños reclaman a apertura das termas de Ourense

Publicado o 28/07/2021 20:57

O ir e vir de turistas a unha piscina termal é constante e a decepción é grande cando descobren que non van poder tomar un baño relaxante e terapeútico. Leva pechada dende a pandemia, pero as pozas públicas da Chavasqueira, O Muíño da Veiga e Outariz aínda levan máis tempo sen poder usarse, dende o inverno do 2019, polas desfeitas da subida do río.

O peche das termas nótase na economía dos negocios que viven do turismo. Dende o Concello de Ourense din que traballan no proxecto para adaptalas á nova lei de aproveitamento lúdico de augas termais e no protocolo de seguridade contra a covid, pero a súa apertura non será a curto prazo.
A falta dun baño termal, confórmanse cunha molladura no río.

Noticias web

28/07/2021