CRTVG

Buscar

Turistas e hostaleiros apoian a ampliación da capacidade dos albergues

Publicado o 11/10/2021 14:39

A mellora da situación epidemiolóxica fai que cada vez sexan máis os que apostan por facer o Camiño de Santiago. A ampliación ao 75% da ocupación do espazo compartido nos albergues turísticos coa esixencia de pedir o pasaporte Covid é ben recibida. 

Durante o verán, e por mor das limitacións de ocupación, moitos quedaron sen sitio nos albergues.

Os establecementos que non queiran pedir o certificado Covid manterán as restricións do 50% da súa capacidade.
 

Noticias web

11/10/2021