CRTVG

Buscar

Turismo seguro e sostible no Congreso Nacional de Turismo Experiencial de Lugo

Publicado o 16/09/2020 15:48

A aposta por un turismo menos masificado, vencellado ao patrimonio natural e cultural galego centra o primeiro congreso nacional de turismo experiencial, que comezaba esta mañá en Lugo. 

Neste atípico verán de pandemia están a ser moitos os galegos e tamén os foráneos que optan por unhas vacacións máis vencelladas ao territorio. Destinos de gran riqueza natural ou patrimonial que están sendo a mellor alternativa para escapar doutros destinos tradicionais nos que se concentran moita xente. Darlle un pulo a estas alternativas e analizar liñas de futuro son algúns dos obxetivos do primeiro Congreso Nacional de Turismo Experiencial que se celebra en Lugo.

O Congreso vaise desenvolver ata o vindeiro venres coa asistencia presencial ou virtual de case 1.000 persoas. Durante tres xornadas, expertos de diversos ámbitos analizarán como potenciar estas novas liñas dun sector que supera o 10 por cento do PIB galego e que o ano pasado contou en Galicia con máis de 5 millóns de visitantes.

Noticias web

16/09/2020