CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

Turismo de Galicia promove en Bos Aires propostas para viaxeiros de alto nivel adquisitivo

Publicado o 23/09/2015 15:21

Turismo de Galicia promove estes días en Bos Aires o noso país como destino vacacional de luxo e de compras. Estadías en pazos, artesanía, viñedos e rutas como a da camelia son algunhas das ofertas que lle presentaron ao público latinoamericano.

Turismo de Galicia presentou en Bos Aires a oferta vacacional existente na Comunidade para un público de alto nivel adquisitivo. "Galicia, viños e camelias" é a aposta estrela para quen busca introducirse de cheo na idiosincrasia galega.

"Este producto ofreceralle a posibilidade de coñecer Galicia dende un punto de vista diferente. Unha Galicia distinta que lle podida resultar moi interesante", asegura Fe Arca, de Turismo de Galicia.

Ó evento, organizado por TurEspaña, concorreron cincuenta operadores turísticos na procura de propostas innovadoras para un cliente cada vez mais esixente.

"Nuestro desafío a veces es tratar de mover a la gente a otros lugares y Galicia me parece que puede ser un lugar interesante", di o axente turístico Luciano Zascaro.

"Galicia, viños e camelias" xa obtivo gran éxito noutras sesións promocionais en Alemaña, Francia ou, mais recentemente, en Brasil; e pretende roubarlle protagonismo a outras rexións da península como Cataluña ou Andalucía.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí