CRTVG

Buscar

Turismo atípico nun San Xoán festivo

Publicado o 24/06/2020 14:20

Turistas en San Xoán. Turistas en tempos de coronavirus. 

"Esperabamos ver máis temor, xente máis estresada..., pero non. Nos hoteis tampouco nos puxeron restricións", comenta unha moza.

Á primeira hora as rúas de Santiago aínda recordan o confinamento. Unha sensación que moitos xa teñen no momento da viaxe.

"Non viña ninguén no voo e o aeroporto estaba baleiro", di outra muller.

Neste tempo, no Franco e na Raíña debería haber máis turistas ca mesas dispoñibles.

"Vai lento. O Franco non está ao 100%. Estamos os catro que empezamos ao principio", afirma María García, do bar Charra.

Na praza do Obradoiro vense poucos peregrinos. Gardar a distancia de seguridade non é un problema. 

"Onte a praza ao mediodía era un deserto. É incrible velo así", din unha parella de asturianos.

É unha perspectiva distinta, tranquila, sen aglomeracións... 

"Eu por iso aproveitei... Primeiro a foto e despois xa deixo a maleta", afirma outra muller. 

Porque Santiago neste día de San Xoán segue sendo, con turistas ou sen eles, unha cidade de retrato.

Noticias web

24/06/2020