CRTVG

Buscar

Tunisia descobre unha nova variante do coronavirus

Publicado o 23/04/2021 23:24
Tunisia descobre unha nova variante do coronavirus

Faouzi Mehdi, ministro tunecino de Saúde

As autoridades sanitarias tunisianas detectaron unha nova variante de coronavirus. O ministro de Sanidade informou que a nova mutación descubriuse nunha localidade preto da capital do país. As mostras serán enviadas á Organización Mundial da Saúde para determinar a súa natureza e a súa orixe.
Tunisia vive unha nova repunta no número de contaxios. Unha situación que se agrava polo feito de que as UCI teñen unha ocupación do 80 por cento con doentes de covid e unha falta de persoal médico especializado. Dende que comezou a pandemia faleceron dez mil persoas polo virus. As escolas están pechadas ata o vindeiro día 30 e nos institutos e universidades a formación é en liña.