Tui reivindica o legado xudeu recuperando a gastronomía sefardí
Publicado o 13/09/2021 22:04
En moitos pratos que consumimos con certa frecuencia degustamos, sen sabelo, a pegada da gastronomía sefardí. Recuperar os produtos, os sabores, os ingredientes e os aromas das receitas herdadas das comunidades xudías que o habitaron é o obxectivo do concello de Tui.
Por iso estes restauradores escoitaron de primeira man como incorporar estes produtos ás súas catas para converter a cociña sefardí nun novo reclamo para os turistas gastronómicos.