CRTVG

Buscar

Tui, Cangas ou Ponteareas, concellos pechados sen outros límitrofes entre os que poder moverse

Publicado o 05/11/2020 15:04

Dende a medianoite do venres ao sábado, Ponteareas pecharase perimetralmente cos concellos limítrofes. Nin entrar nin saír, salvo causa xustificada.

Ponteareas non será o único concello da área metropolitana nesta situación. A Tui e a Cangas pasaralles o mesmo, porque a súa situación epidemiolóxica é complicada.

En Vigo seguirán as restricións, pero haberá liberdade de movementos con outros concellos limítrofes que pasarán a funcionar como área. Así os vigueses poderán moverse libremente por municipios como o de Redondela, Mos, O Porriño, Nigrán e Gondomar, e viceversa.

A esta limitación de movementos súmanse tamén as restricións nas reunións, que seguirán sendo entre conviventes e xa non serán nas terrazas onde hoxe moitos apuraban o que será o penúltimo café. Todos os concellos con estas restricións están en alerta vermella.

Noticias web

05/11/2020